Política de reembolso

En Fios de Cores queremos que esteas encantada coa túa peza artesanal. Se por calquera motivo non é así, aquí tes as condicións para realizar unha devolución.

1. Prazos

Dispoñes dun prazo de 14 días naturais despois de recibir o teu artigo para solicitar unha devolución.

2. Condicións do artigo

Para que a devolución sexa aceptada, o artigo debe cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar no mesmo estado en que o recibiches (sen usar e sen lavar).

  • Conservar as súas etiquetas e a súa embalaxe orixinal.

  • Presentar o recibo ou comprobante de compra.

3. IMPORTANTE: Artigos sen devolución (Personalizados)

Non se aceptarán devolucións de artigos personalizados. Isto inclúe calquera peza onde o cliente escollese cores específicas, medidas personalizadas ou deseños exclusivos (bordado). Ao ser pezas creadas única e exclusivamente para ti, non poden ser devoltas a non ser que presenten un defecto de fabricación ou un erro pola nosa parte.

Tampouco se aceptan devolucións de:

  • Artigos en oferta ou con desconto.

  • Tarxetas regalo.

4. Como iniciar unha devolución

Para os artigos que si admiten devolución, debes poñerte en contacto con nós en: fios.decores1@gmail.com.

As devolucións deben enviarse á seguinte dirección:

Oficina de Correos > Campo da Feira, 36 Baixo - TELLA

15110 - Ponteceso (A Coruña)

Nota: Unha vez aceptada a devolución, enviarémosche unha etiqueta de envío e as instrucións. Non se aceptarán artigos enviados sen solicitude previa.

5. Danos e problemas

Por favor, revisa o teu pedido en canto o recibas. Ponte en contacto con nós de inmediato se o artigo está defectuoso, danado ou se recibiches un artigo equivocado para que poidamos avaliar o problema e solucionalo.

6. Reembolsos

Informarémosche unha vez que recibamos e inspeccionemos a túa devolución.

  • Se se aproba, o reembolso realizarase automaticamente no teu método de pago orixinal nun prazo de 10 días hábiles.

Se pasaron máis de 15 días hábiles desde a aprobación e non recibiches o ingreso, contacta connosco en fios.decores1@gmail.com.