Nós

A miña esencia é un legado entre fíos

Crecín rodeada de fíos e o compás das agullas; a creatividade sempre foi e é a música do meu día a día.

Aprendín a falar a través das miñas mans, guiada por miña nai e miña avoa. Elas ensináronme que o segredo non está no obxecto, senón no tempo, na calma e no respecto que lle dedico a cada puntada.

A Inspiración

Onde nace a idea

Todo comeza cun paseo pola beira do mar ou nun recuncho da Costa da Morte. Alí é onde as cores do Atlántico e as formas da natureza se transforman no bosquexo dunha nova peza.

O Proceso

As mans como ferramenta

No meu taller, o tempo detense. Cada punto de ganchillo e cada costura fanse respectando o ritmo do proceso artesanal. Non hai présa, só a busca de crear algo que teña sentido e alma.

O Destino

Un ritual para os teus sentidos

Cando remato unha peza, o proceso non remata. O empaquetado e o envío son a última parte dese mimo, para que sintas a exclusividade de ter algo feito só para ti.

¡Atopa a túa peza única tecida na Costa da Morte!