Personalización
Algo único, feito para ti
En Fíos de cores cremos que a maxia está nos detalles. Se queres que a túa peza sexa aínda máis especial, ofrecémosche diferentes opcións de personalización:
Pezas con nome (Bordados)
Queres que o teu agasallo sexa inesquecible? Podes bordar o nome ou frase que queiras en calquera dos nosos artigos de costura. É a opción favorita para cousiñas de bebé, neceseres ou bolsos especiais. Como facelo? É moi sinxelo:
- Engade ao teu carriño os produtos que desexes.
- Engade tamén o produto Personalización con Bordado (preme na ligazón para ir directamente).
- Ao finalizar a compra, verás un apartado de "Notas do pedido". Escribe aí o nome exacto que queres que bordemos.
Detalles para eventos (Vodas, Bautizos e Comunións)
Deseñamos detalles artesanais totalmente personalizados para os teus días máis importantes. Ao ser un traballo a medida para grupos:
Contacto: É necesario que fales comigo directamente por WhatsApp, correo ou Instagram para pedir orzamento e pechar o deseño
Proxectos especiais e "A túa propia tea"
Tes unha tea especial e queres que a transforme en algo novo? Buscas unha combinación de cores específica para un bolso?
- Estas creacións dependen da demanda que teña no taller nese momento.
- Prazas limitadas: Traballamos con lista de agarda ou apertura de prazas segundo a tempada.
- Escríbeme e contame a túa idea; se o volume de traballo o permite, estarei encantada de darlle forma.