Contacto

Ou, se o prefires, déixanos unha mensaxe

Preguntas Frecuentes

Todo o que necesitas saber antes de mercar

Canto tempo tardará en chegarme o pedido?

A preparación leva 7-10 días laborables (é artesanía!). Unha vez enviado, recibiralo en 24/48 horas (depende do envío que escollas á hora de realizar o pedido)

Podo personalizar calquera producto?

Claro! No apartado de personalización tes toda a información precisa.

Canto custan os envíos de artesanía?

O envío estándar son 3,90€, e o premium 4,50€. Unha aposta pola moda sostible sen sorpresas.

Pódese pedir para recoller na tenda física o en man?

Actualmente só realizamos envíos a domicilio, pero moi pronto activaremos un punto de recollida na Costa da Morte. Se queres estar ao tanto de cando estea dispoñible, síguenos en redes sociais!

Podo devolver o meu produto?

Si, tes un prazo de 14 días naturais dende que recibes o teu pedido para solicitar unha devolución, sempre e cando non sexa un artigo personalizado.

O artigo debe estar sen usar, coas etiquetas e na súa embalaxe orixinal. Só tes que escribirme a fios.decores1@gmail.com e indicareiche os pasos a seguir.

Consulta nuestra política de devolucións/reembolso aquí

Que fago se o meu pedido chega danado?

Por favor, revisa a túa peza en canto chegue. Se atopas calquera defecto ou o artigo é incorrecto, ponte en contacto de inmediato. Analizaremos o problema para darche unha solución rápida, xa sexa un cambio ou o reembolso.